|
Prensa y Diarios |
|
Galiciae - Galicia
|
|
-
O programa de voluntariado dixital conta con 75 inscricións en só 4 días
Este plan de alfabetización dixital está aberto a todos os cidadáns, pero terán prioridade os colectivos de persoas maiores ou con discapacidade, xa que podrian verse máis afectados pola fenda dixital
-
Ceos anubrados e chuvias febles nunha xornada na que comezan a subir as temperaturas
As mínimas aumentarán moderadamente e as máximas dun xeito menos notable, pero en definitiva é a chegada funha fronte húmida a que fará desaparecer o frío tan intenso desta semana
-
Homenaxe en Friol ao policía Villamor polo seu ''acto de heroísmo'' no Orzán
O director xeral da Policía, Ignacio Cosidó, destacou hoxe a valentía do axente, que perdeu a vida xunto a outros dous compañeiros ao intentar rescatar do mar a un estudante no areal coruñés
-
Rajoy asegura que Fraga foi un exemplo de honradez e entrega
O partido recorda ao seu fundador nun emotivo acto en Santiago de Compostela. Feijóo destaca que Don Manuel era ''o político máis parecido a Galicia''
-
A Xunta inviste 13 millóns na xestión de residuos industriais e de demolición
O obxectivo é abordar os aspectos fundamentais para o correcto tratamento dos mesmos, xa que nos últimos anos a Comunidade produciu dous millóns de toneladas anuais deste material
-
Imputado un veciño da Gudiña como presunto autor dun incendio forestal
O lume que presuntamente provocou este home ocorreu no lugar de Barxa o pasado 31 de xaneiro e afectou a unha superficie de 3.000 metros cadrados de monte raso e 1.000 de arboledo
-
Un total de 3,2 millóns de persoas viaxaron en tren en 2011
O corredor atlántico, entre A Coruña, Santiago e Vigo, é o que ten mellor acollida entre os usuarios, xa que o utilizaron 2,7 millóns viaxeiros o ano pasado, segundo informou Renfe
-
Un grupo de investigadores crea o maior detector de tomografía existente en España
Os científicos da USC construíron este aparello, que mide de 1,5 metros de lonxitude, que servirá para reconstruír fósiles, sen que haxa que extraelos do seu espazo
-
O PP afirma que as obras do auditorio execútanse segundo os prazos previstos
Os populares respondían así ás declaracións do PSdeG, que segundo a súa portavoz, Concepción Burgo, os traballos ''van lentos''
-
Encontro Irmandiño decidirá o 12 de febreiro se abandona o BNG
Para este día celebrarase a IV asemblea nacionalista para determinar se a corrente, liderada por Xosé Manuel Beiras, continúa co seu proxecto
|
|